Razóns para votarlle

  • As bágoas de Navarro poden curar o cancro. Lástima que Navarro nunca chore.
  • Navarro foi quen matou a Costa da Morte.
  • Hai un promedio de 1242 obxectos nun cuarto cos que Navarro podería matarte, incluíndo o cuarto en si.
  • A carga do Prestige era unha transfusión de sangue para Navarro. Aínda está a preparar a vinganza.
  • Navarro nunca leva paraugas en Santiago.
  • Navarro é a razón pola cal Wally se esconde.
  • Navarro non ten ningún parente en común contigo.
  • A maioría da xente ten un testículo máis grande que o outro, Navarro ten os dous testículos máis grandes que o outro.
  • Navarro vende a súa urina en bote, chámase Red Bull.
  • Navarro xoga ao tute cunha soa carta. Nunca perdeu.
  • Navarro pode conquistar Zamora en 59 minutos.
  • Navarro non ten complexo de superioridade, é realista.
  • Navarro instalou o Windows Vista no seu cortacéspede. Aínda non se lle colgou.
  • Navarro pode crear páxinas web en código morse.
  • Navarro capturou os 151 pokémon no Tetris.
  • Navarro pode matar dous tiros dun paxaro.
  • Navarro é a excepción que confirma todas as regras.
  • O sol sae puntualmente cada mañá, Navarro odia a impuntualidade.
  • Navarro non ten esperanza de vida, ten Período Medio de Desintegración Atómica.
  • Navarro é o presidente do seu clube de fans. Non se anda con falsas modestias.
  • Navarro é o único humano capaz de suicidar a outro.
  • Un día unha cobra mordeu a Navarro. Despois de cinco días a agonizar, a cobra morreu.
  • Navarro non cre nas leis da termodinámica. As leis da termodinámica cren en Navarro.
  • Navarro fai chorar as cebolas.
  • O excedente enerxético galego gástase integramente cada mañá alimentando a máquina de afeitar de Navarro.
  • Navarro naceu todos os dias do ano.
  • Navarro derrubou un avión apuntándolle co dedo e dicindo “bang”.
  • A calva de Navarro non ilumina, emite positróns.
  • Navarro non recomenda estudar polo Guyton, o Guyton recomenda estudar por Navarro.
  • Cando Navarro entra nun cuarto non acende a luz, apaga a escuridade.
  • Navarro facía un dobre papel na versión teatral de Os Dous de Sempre.
  • É falso que a Terra xire ao redor do sol. Tanto a Terra como o sol xiran ao redor de Navarro.
  • A dixestión de Navarro é o proceso máis parecido á fusión fría que existe.
  • Navarro non escribe libros, as palabras xúntanse soas por medo.
  • Navarro foi o que fixo que Plutón deixase de ser un planeta.
  • Hai xente que di que a USC quitou Biofísica de Medicina. É rotundamente falso, foi Navarro quen quitou Medicina de Biofísica.
  • A falta de de sangue que houbo no Nadal nos hospitais galegos arranxouna Navarro. Foi doar cun coitelo e un caldeiro.
  • Navarro non le libros, olla fixamente para eles até conseguir a información que quere.
  • Navarro non dorme, espera.
  • Navarro pode ver a curvatura da Terra a simple vista.
  • Navarro non reza para ir ao ceo, Deus reza para que non vaia.
  • Navarro non chora, chove.
  • Navarro pode respirar baixo a auga. E baixo o lume.
  • Se Navarro se tira a unha piscina non se molla, a piscina navárrase.
  • Navarro contou até o infinito. Dúas veces.
  • Cando Navarro fai flexións non se eleva, empurra a Terra para baixo.
  • Navarro xogou á ruleta rusa co cargador completamente cargado. E gañou.
  • Navarro pode facer lume á noite cunha lente diverxente.
  • Navarro pediu o Que viva España no Avante. E puxéronllo.
  • Navarro non envellece, non lle ve utilidade.
  • O Universo non se expande, só tenta fuxir de Navarro.
  • Navarro non conta mentiras, a realidade adáptase ao que el di.
  • Non existe o aquecemento global, foi Navarro que moveu o sol porque tiña frío.
  • Navarro non ten reloxo, el decide que hora é.
  • Cando Navarro vai cruzar a rúa, os coches miran aos dous lados.
  • Se Navarro non vai á montaña, a montaña non ten o valor de se achegar a Navarro.
  • A lei da gravidade non ten xurisdición sobre Navarro. Ningunha lei a ten.
  • Navarro reproduce os DVDs nun reprodutor de vídeos BetaMax. E os Blu-Ray nunha gramola.
  • A Muralla Chinesa foi construída para manter fóra a Navarro. Fallou miserabelmente.
  • Navarro deseñou o seu propio ADN.
  • A Lei dos Gases ideais está baseada nas propiedades das flatulencias de Navarro.
  • Navarro pode gañar ao Conecta4 con só tres movementos.
  • Cando Navarro mira o horizonte ve a súa propia cabeza por atrás.
  • Navarro lanzouse da vixésima planta dun edificio. A rúa onde caeu morreu.
  • Navarro sabe falar en braille.
  • Navarro non mexaba na cama de pequeno, era a cama que mexaba de medo.
  • Navarro pode rebobinar os DVD.
  • A xente usa pixamas de Superman. Superman usa pixamas de Navarro.
  • Navarro nunca fai a cama, mais lle vale á cama estar feita.
  • Navarro sabe canto mide o Universo. Mediuno el mesmo, a cuartas.
  • Na Biblia Xesús converteu a auga en viño. Navarro converteu ese viño en whisky.
  • Unha imaxe vale máis que mil palabras. Unha imaxe de Navarro vale máis que un billón de palabras.
  • Navarro sabe onde está exactamente Carmen SanDiego.
  • Navarro non xoga a ser Deus, xogar é cousa de nenos.
  • Todos os xenes de Navarro son dominantes.
  • Navarro gravou toda a Internet nun disquete protexido contra escritura.
  • A maneira máis fácil de saber a idade de Navarro é cortalo polo medio e contar os aneis.
  • Nada pode escapar dun buraco negro menos Navarro. El come buracos negros, sábenlle a polo.
  • Cando Deus dixo Fágase a luz Navarro dixo Pídese por favor.
  • Navarro bebe Mirinda no Santo Graal.
  • Navarro pode tocar o seu cóbado esquerdo coa man esquerda e chupalo coa língua ao mesmo tempo.
  • Navarro morreu en 1994, pero a morte aínda non se atreveu a dicirllo.
  • Cada vez que Navarro descarga un ficheiro con copyright, a $GA€ págalle un canon.
  • Navarro sabe tocar a Novena Sinfonía de Bethoveen co triángulo. De momoria.
  • Navarro pode curarche unha peristalte inversa meténdoche a man polo ano e dándoche a volta como a unha camiseta.
  • A única persoa que pode aprobar un exame de Navarro é Navarro.
  • Ser ou non ser? Esa é a cuestión. Navarro é a resposta.
  • Cando alguén di Ninguén é perfecto Navarro tómao como un insulto persoal.
  • Xesús pode camiñar sobre a auga. Navarro pode camiñar sobre Xesús.
  • Din que cada vez que te masturbas Deus mata un gatiño. Cada vez que Deus se masturba Navarro mata un león.
  • Navarro coñece o derradeiro díxito de pi.
  • Quen ri o último ri mellor. Quen ri de Navarro, morre.
  • Navarro usa tabasco como colirio para os ollos.
  • Navarro non vai á velocidade da luz, é a luz quen vai á velocidade de Navarro.
  • Navarro non é só un nome, é tamén un verbo, un adxectivo, unha preposición…
  • Estas frases non están baseadas nos Chuck Norris facts. É Chuck Norris quen está baseado en Navarro.

Podes encontrar máis razóns como estas no blogue As MIR e unha noites.

2 comentarios:

Tami dixo...

JAJAJJAJAJAJJAAJAJJAA
Acáboo de ler coa miña compi de piso (Física) e non podemos parar de riiirr!! Aiiii!! Qué dor de estómagoo!! jajajajaa
Sodes geniaaales, joder!!! :)

NAVARRO PADRIÑOO!!!!

alou988 dixo...

NAVARRO PADRIÑO!!!!!

Publicar un comentario